Qué é TRAIL GALAICA?

 

TRAIL GALAICA é un circuito de Trails de montaña que explorará os rincóns máis ocultos e as fronteiras máis inexploradas da xeografía galega. Tratará de ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas que acepten o "reto" do trail de montaña.


foto inscricionsabertas                                                        FotoII


Acunando o lema de “SERÁ POR MONTE”, queremos resaltar a nosa Galicia como unha das comunidades autónomas con máis montaña onde case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda ou unha montaña emblemática.

TRAIL GALAICA quere aproveitar esa beleza paisaxística para a promoción do deporte a través do trail-running. En cidades ou pobos, o circuito de Trails de montaña galego comporase de varias probas distribuidas por toda a xeografía galega nas cales se poderá participar de xeito independiente ou tomando parte nun circuito que terá puntuacións en cada proba para realizar a clasificación e premiación final do mesmo.

Seis probas conformarán o circuito 2018, sendo as localizacións de Ames, Muros, Pantón, A Pobra, Boborás e Santiago de Compostela, serán as encargadas de dar cabida aos deportistas que tomen parte de cada unha das probas, quedando o calendario distribuido do seguinte xeito:

 

  • 25 DE FEBREIRO - CONCELLO DE AMES -RUTA DA AUGA Minitrail 14 km e Trail 25km
  • 18 DE MARZO - CONCELLO DE MUROS MONTE LOUROMinitrail 17 km e Trail 27km
  • 13 DE MAIO - CONCELLO  A POBRA – SERRA DO BARBANZA -Minitrail 14 km e Trail 25 km
  • 10 XUÑO - CONCELLO DE SANTIAGO – MONTE PEDROSO - Mini Trail 18 km e e Trail 24 km
  • 30 XUÑO - CONCELLO DE BOBORÁS – PONTE DA CRUZ - Mini Trail (18 km)
  • 15 DE XULLO - CONCELLO PANTÓN – CANONS DO RIO MIÑO - Minitrail 16 km e Trail 23 km

LOGOcolorgrande

Concellos

patrocinadores