Vanesa Berdejo e Roberto Riobó vencen en Noia.

Mércores, 14 Decembro 2016

fotonoia2 01Estes foron os nomes propios da última proba do circuito Trail Galaica que se disputou onte en Noia. Ambos deron un auténtico recital de potencial físico nunha competición complicada, cun traxecto moi esixente. Riobó, do Club de Montaña Xesteiras, estivo acompañado no podio por Amador Pena, do Clube Deportivo Vagalume, e Ramón Picos, do Tribu Trail. Carlos Lorenzo, do C. D. Portosín, foi o primeiro corredor da comarca barbancesa logrando un meritorio cuarto posto. Os postos de honra femininos estiveron coroados por Estrela Moreira, do Fontes do Sar, que terminou segunda, e Eva de la Fuente, do Vagalume Enerxía, terceira en liza. O cuarto posto recaeu sobre Carmen Casal, mentres que o quinto foi para Olalla Conde.

 
No apartado de locais a victoria levouna Juan José Castro Hermida. Mención especial ao traballo desenvolto por Ruben Hermida Gomez e os atletas locais no desarrollo técnico da proba.
Agradecementos especiais a tod@s @s voluntari@s, cruz roja noia, protección civil Porto do Son, policía local e servicios de emerxencia do Concello de Noia, e como non ao Concello de Noia por acoller esta fermosa proba.
 
Finalmente gracias aos participantes pola magnífica experiencia que sempre nos transmitides.
 
Resultados aquí
 
Voltamos de seguido amig@s!!

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores