TODO PREPARADO PARA NOIA

Martes, 06 Decembro 2016


Foto IIIO circuito de carreiras de montaña Trail Galaica chega ao seu fin coa proba da vindeira fin de semana no Concello de Noia. Esta será a proba máis esixente de todo o circuito, da cal sairán os gañadores absolutos e por categorías e os clubes que serán galardoados na Gala do 21 de xaneiro no Concello da Pobra que acollerá a mesma.

O prazo de inscrición desta derradeira proba estará aberto ate o vindeiro xoves 8 de decembro ás 23.59 horas. A saída do Trail darase desde a Praza do Concello, lugar emblemático e punto de saída da maioría das probas deportivas da localidade.

Ven con nós e desfruta do monte galego. Vémonos en Noia!!

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores