Entramos na semana do Trail de Muros

Luns, 23 Mai 2016

thumbnail 20160418 205225O vindeiro domingo celebrarase a 4ª proba do circuito de carreiras de montaña Trail Galaica. O Concello de Muros acollerá esta cita cunha novidade destacablew respecto aos anteriores trails disputados: a ruta curta de 12 km. Inda que os atletas que participan na modalidade de circuito deberán completar a ruta longa de 22 km, abrese nesta ocasión a posibilidade a disputar unha ruta curta.

Ambas rutas subirán ata cruz de pelos (ruta curta) e o Monte Castelo (ruta longa) nun circuito espectacular coas vistas ao oceano atlántico e a costa murense en todo momento.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro xoves 26 de maio ás 22 horas. Consulta a ficha nesta web!

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores