Todo preparado para a proba do Concello de Ames

Venres, 26 Febreiro 2016

BAJA 01O vindeiro domingo 28 de febreiro nacerá o circuito de carreiras de montaña Trail Galaica. O Concello de Ames acollerá esta primeira proba onde non faltarán ningún tipo de detalle. Resumimos a dinámica da proba de trail do domingo 28 de febreiro:

- RECOLLIDA DE DORSAIS: a mesma realizarase nas instalacións do Real Aeroclub en Ameixenda. A partir das 08.00 horas estará aberto.

- SERVICIO DE AUTOBUSES: os autobuses estarán ubicados no punto de meta (Aeroclub) e trasladarán aos deportistas ao punto de saída a partir das 08.30 horas. Teremos 3 autobuses dispoñibles e sairán a medida que se vaian enchendo de pasaxeiros. A viaxe de ida e volta ao punto de saída tardará sobre 45'. 
- TAQUILLAS: nas instalacións do Real Aeroclub , teredes a vosa disposición taquillas para deixar as vosas pertenencias (ver foto adjunta).
- DUCHAS E VESTIARIOS: ubicadas tamén nas instalacións do Real Aeroclub, teredes previamente e antes de entrar nos vestiarios unha zona de auga para realizar a limpeza das zapatillas deportivas.
- XANTAR:Real Aeroclub de Santiago de Compostela oferta un menú consistente nun cocido + postre + café. Haberá tamén menú infantil. IMPRESCINDIBLE reserva previa no número de teléfono 981888276 antes do venres ás 14.00 .
- AVITUALLAMENTOS: 3 puntos: alto de San Marcos (km 8,5), km 12,5 e meta. Recoméndase levar avituallamento propio.
- SAIDA DA PROBA: desde a Ponte Maceira. Charla técnica previa e saída neutralizada ao cruzar a Ponte. Inicio do Trail despois da Ponte.

Moita sorte amigos!!

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores