¿Sabes como participar como equipo ou individualmente na modalidade de circuito?

Luns, 08 Febreiro 2016

30 01 V

Trail Galaica comporase de 8 probas entre os meses de febreiro e setembro de 2016. Aquí tes a explicación de como inscribirte segundo se buscas participar de xeito individual ou por equipos.

  Para participar en circuito de xeito INDIVIDUAL só tes que facer o seguinte:

      • Marca a opción na inscrición de "PARTICIPO EN CIRCUITO" no formulario de inscrición durante as 2 tres primeiras probas do circuito.
      • Participa en 5 das 8 probas como requisito
      • Obterás un agasallo personalizado técnico de Trail Galaica

Se ademais desexas participar como EQUIPO, non fai falla que sexas federado; podes formar o teu equipo popular ou federado. Só tes que facer o seguinte:

      • Marca a opción de "PARTICIPO NA CLASIFICACIÓN DE EQUIPOS". Lembra que podes participar nesta clasificación e tamén na individual; non son excluintes.
      • Participa en 5 das 8 probas do circuito.
      • Os equipos estarán formados por un mínimo de 4 compoñentes e un máximo de 6.
      • Sumarase as 4 mellores puntuacións dos seus 4 mellores compoñentes.

Para calquer dúbida, consulta o regulamento aquí ou ponte en contacto con nós a través de info@trailgalaica.com

E lembra que xa están abertas as incricións para a carreira do Concello de Ames, primeira proba do circuito. Podes consultar toda a información e inscribirte aquí 


cartelbaja 01

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores