Daniel Paz Pardo e Ruben Martinez Mayo, Verónica Calvo Dopazo e Maria Fabeiro Romero vencen no trail da Pobra.

Luns, 14 Mai 2018

32323864 884606095077456 5759439449016500224 nDesputada o domingo 13 de maio a pobra máis dura do Circuito Trail Galaica 2018, e despois dunha trepidante competición, Daniel Paz Pardo de La Gramola GTR e Verónica Calvo Dopazo de CDM Vértica, impuxéronse na proba de Trail desputada sobre unha distancia de 24,5 km na Serra do Barbanza.

Na proba de mini-trail desputada sobre unha distancia de 16 km aprox. foron Rubén Martínez Mayo do Clube Atletismo Negreira e María Fabeiro Romero do CDM Vértice de Montaña.

Paralelamente a proba popular desputábase o Campionato de Galicia de Trail onde Alberto Carou Carril do Clube Atletismo O Pino e Ariana González Verde da S.A. do Trega proclamábanse campións galegos de Trail 2018.

No que respecta aos equipos, venceron na proba de trail o Club Altetismo O Pino e o CDM Vértice de Montaña, primeiro e segundo clasificados respectivamente; na proba de mini-trail victoria para o Tribu Trail seguidos do CDM Vértice e Pandilla de Vagos.

Consulta os resultados aquí.

A seguinte cita nos levará ata Santiago de Compostela , o vindeiro domingo 10 de xuño no monte Pedroso.

Concellos

patrocinadores