APRAZADA A PROBA DE PANTON Destacado

Sábado, 07 Abril 2018
IMG 20180407 WA0004Estimadas/os amigas/os.
 
Comunicamos a través desta canle o aprazamento da proba de Pantón prevista para realizarse o vindeiro domingo 15 de abril por diversas razóns; entre elas está a imposibilidade de acceder a diversas zonas do percorrido debido as condicións climatolóxicas sufridas nas derradeiras semanas. 
Nunha inspección realizada esta semana atopamos multitude de árbores caídas no percorrido da proba (preto de 20 árbores en 1 km) que inda que se proceda a súa limpeza nos fai ser prudentes e evitar calquera tipo de risco innecesario para os corredores ante a pouca melloría das previsións meteorolóxicas da vindeira semana.
 
A "fervenza da auga caida", un dos "Buques insignia da proba" e un dos lugares máis entrañables agora mesmo da mesma, resulta prácticamente inaccesible polo volume de agua que imposibilita o seu paso sen poñer en risco a integridades dos corredores. Isto todo nos obrigaría a modificar o percorrido da proba en varios puntos perdendo, non só a esencia da proba, senón facendo un novo percorrido díficil de autorizar e levar a cabo en tampouco espazo de tempo. 
 
Esta decisión, tómase conxuntamente entre o Concello de Pantón e a organización da proba en prol dunha data que nos permita en todos os sentidos, desfrutar da mesma en toda a súa esenza.
 
Durante a xornada de mañán procederemos a pechar a pasarela de inscrición e remitir a información necesaria vía em@il aos corredores inscritos coas opcións determinadas pola organización de cara ao presente aprazamento.
 
Cremos que esta decisión tómase co tempo necesario para que os corredores poidan seleccionar outras probas do calendario nesa mesma data e así non perdan outras opcións.
 
En breve remitiremos a nova data da proba a cal vaise celebrar en próximas datas.
 
Pregamos desculpen as molestias ocasionadas. Seguimos traballando no circuito . Queda moito inda por descubrir.
 
Moitas grazas.

Concellos

patrocinadores