Achégase a cita nocturna do circuito: Boborás agarda Destacado

Mércores, 12 Xullo 2017

boborasA quinta e penúltima proba do circuito Trail Galaica celebrarase o sábado 29 de xullo ás 22 horas na localidade de Boborás. A mesma sairá dun enclave histórico como Pazos de Arenteiro, e irá directamente a cruzar a Ponte da Cruz, un dos lugares máis fermosos e pintoresco do lugar.

 

Boborás será escenario da única proba nocturna do circuito na cal será obrigatorio o emprego de luz frontal por parte dos participantes. Os mesmos terán que dirixirse en primeira instancia ao lugar de meta ubicado no polideportivo municipal  de Boborás, para a continuación baixar nos autobuses habilitados pola organización para trasladar os atletas ata o punto de saída (Pazos de Arenteiro). Unha vez rematada a proba terán un xantar de confraternización gratuito a cargo da organización.

A inscrición estará aberta nesta web ata o vindeiro mércores 26 de xullo ás 23.59 horas. Podesde consultar o track na seguinte ligazón:  https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18298305 

#trailnocturno  #trailrunning  #trailgalaica

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores