ACHEGASE A TRAIL GALAICA DA POBRA. CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL

Xoves, 27 Abril 2017

O domingo 7 de maio chegarase á terceira proba do Circuito Trail Galaica 2017. O Concello da Pobra, e, en concreto, o Monte da Curota acollerá a 3ª proba do circuito acunada como " A Carreira dos 6 cumes".

Na mesma non falatarán detalles, como os premios as rutas curtas e longas que podes consultar na ficha técnica da proba presente nesta páxina web.

A proba será a súa vez Campionato de Galicia de Trail de Montaña 2017.

Nesta proba, como diciamos manteremos a estructura da primeira proba do circuito, a de Ames, con 2 rutas a elexir:

- Ruta curta de 13 km;

- Ruta longa de 24 km.

A saída e meta da proba será desde o mirador da Curotiña, a carón da cafetería/bar que está instalado na cima do Monte da Curota. Todos os detalles técnicos da proba poderedes consultalos no ligazón http://www.trailgalaica.com/index.php?option=com_k2&view=item&layout=item&id=54&Itemid=164

A súa vez celebraremos o Campionato de Galicia de Trail da Federación Galega de Atletismo, que na categoría junior será celebrado na proba curta de 13 km, e no resto de categorías (promesa, absoluto e veteranos) celebrarase na ruta máis longa da xornada.

Aproveitamos para trasladarvos a oferta que nos fai un dos colaboradores do Trail, o Hotel Áncora de Ribeira que nos traslada a seguinte oferta de aloxamento:

  • HABITACION INDIVIDUAL ............................................................................... 23.10 € 
  • HABITACION DOBRE ....................................................................................... 30.80 €
  • HABITACION TRIPLE ....................................................................................... 40.70 €
  • APARTAMENTO (4 PAX ) .................................................................................. 52.80 €
  • MONTADORES GRATIS
  • IVA E DESAYUNO ( CAFES , COLA-CAOS , ZUMO E MAGDALENAS ) INCLUIDO

Información e reservas no teléfono 981 871 182. Páxina web http://hotelancora.org/

Agardamos que todo sexa do voso agrado e que poidades estar con nós o vindeiro domingo 7 de maio.

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores