Todo preparado para a 2ª proba do Circuito

Martes, 14 Marzo 2017

muroscartelbajabaja 01 01O vindeiro domingo 19 de marzo celebrarase a segunda proba do circuito de carreiras de montaña Trail Galaica 2017. Esta será a derradeira oportunidade de participar na modalidade de circuito, tanto de maneira individual como en equipos.

O trail longo de 40 km de percorrido, sairá ás 09.30 horas, e 30' despois o fará o trail de 23 km. Muros representará a proba máis esixente das 6 seleccionadas para o presente ano, xa que a partir da proba de A Pobra do Caramiñal incluida. todo serán modalidades de mini trail e trail.

Compre lembrar que mañá mércores pechará ás 23.59 horas o prazo de inscripción da proba.

Máis información nesta web e nos nosos perfís de Facebook e Twitter aos cales podedes acceder desde está web.

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores