Juan Jesús Barral, José Canda, Paula Esteiro e María José Grobas vencen en Ames

Venres, 03 Marzo 2017

20170226 1422542 01

Desputada con éxito a primeira proba do circuito de carreiras de montaña Trail Galaica, os vencedores na proba longa foron Juan Jesús Barral, do equipo la Gramola GTR, compartindo con José Ángel Díaz, do Clube Atletismo Sada Montaña podio; ambos fixeron os máis de 27 kilómetros e entrando á par en liña de meta.  O podio completouse co atleta Daniel Paz Pardo do O4s Rutas Bike. 

No cadro femenino, a victoria foi para María José Grobas do Clube Atletismo Boimorto, seguida por Eva de La Fuente Iglesias do Clube Deportivo Vagalume e de Manuela Torres do CDM Xesteiras.

No que atañe a ruta curta a victoria foi con autoridade para José Canda Louzao, seguido de Rubén Martínez Mayo e de Josñe María Fernández Sampedro. No cadro femenino as atletas Paula Esteiro, Tania Silvelo e Cristina Rivas Río completaron o podio aboluto.

As chegadas de todos os atletas foron moi espaciadas completando a proba máis de 240 atletas entre ambas categorías.

A seguinte cita a teremos en Muros o 19 de marzo. xa te podes inscribir na mesma nesta web. 

Consulta resultados da proba de Ames aquí

Concellos

Ames APobra Muros Boboras abanacajetin    sobercajetin

patrocinadores