CONSULTA LISTADO DE INSCRITOS E INFORMACIÓN DA 1ª PROBA DO CONCELLO DE AMES
Rematado o prazo de inscrición da primeira proba do circuito de carreiras de montaña Trail Galaica, xa podes consultar toda a información relativa á proba e o listado de inscritos que participa en cada proba do vindeiro domingo.
Compre lembrar o seguinte:
- Consulta a quí o listado de inscritos da proba, tanto na ruta curta como na ruta longa.
- A saída darase desde A Ponte Maceira ás 10:30 horas. A recollida de dorsais será a partir das 08.30 horas nas instalacións en Ames do Real Aeroclub de Santiago.
- Oferta de menú: o Real Aeroclub oferta un menú un menú consistente nun cocido + postre + café (15,00 €). Haberá tamén menú infantil (10,00 €) IMPRESCINDIBLE reserva previa no número de teléfono 981888276 antes do venres anterior ás probas ás 14.00 .
- Haberá un sistema de autobuses a partir das 08.30 horas que trasladarán os atletas desde o Real Aeroclub ate o punto de saída na Ponte Maceira. Os autobuses sairán a partir das 08.45 horas. Non o deixes para o final. Haberá na liña de saída un servicio de roupeiro a disposición dos atletas.
- TAQUILLAS: nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago de Compostela en Ames, teredes a vosa disposición taquillas para deixar as vosas pertenencias.As mesmas estarán ubicadas dentro dos vestiarios.
- SERVICIO DE FISIOTERAPIA: haberá un servicio de fisioterapia en meta a disposición dos atletas na liña de meta (consultar ubicación aos voluntarios).
- DUCHAS E VESTIARIOS: ubicadas tamén nas instalacións do Real Aeroclub, teredes previamente e antes de entrar nos vestiarios unha zona de auga para realizar a limpeza das zapatillas deportivas.
- TELEFONOS DE EMERXENCIAS: teredes no voso dorsal os teléfonos de emerxencias en caso de incidencias para comunicar as mesmas.
- Sinalización: atentos as sinais e balizas do circuito. Prestade atención á charla técnica previa.
Grazas e ogallá todo sexa do voso agrado!